Como socia-socio do Club Deportivo Los Rosales de La Coruña, e cumprindo cos Estatutos
en vigor, quedas convocada/o á Asemblea Xeral Ordinaria do Club,que terá lugar
o próximo 20 de febreiro de 2015 (venres)
ás 19:00 horas
en primeira
convocatoria e ás 19:15 horas en
segunda convocatoria, no Pavillón de Deportes Los Rosales, co
seguinte
Orde do
día:
-
Lectura
e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria de 2014
-
Exposición dos Coordenadores Deportivos das Memorias
deportivas da tempada 2013/2014 e análise do que levamos da 2014/2015.
-
Balance económico de 2014 e Orzamento para o ano 2015
-
Rogos e preguntas.
Para poder asistir á Asemblea deberás
levar o DNI ou documento que te identifique.
Por acordo da Xunta Directiva a
asistencia a Asemblea pode ser delegada, nese caso
deberás cumprimentar a "ficha"
que vai a continuación e que deberá presentar a persoa na que delegues xunto
con seu DNI.
Agardando a túa presenza, ou delegación, recibe un saúdo.
Elena Ramos García, Fco. Javier Rivera Castro
Presidenta do Club. Secretario
No hay comentarios:
Publicar un comentario