Aquí estamos de volta!!!
Os pequenos do
Emilia comezaron nova tempada con máis ilusión que nunca o pasado
sábado 15 de novembro as 16:15 no pavillón Agra II contra o Santa
María do Mar.
O partido de primeiras presentábase complicado pola superioridade física do
contrario, tamén polos nervios dos nosos “peques” xa que para
moitos era o seu primeiro partido en competición! e sairon moi perdidos e moi moi nerviosos.
O encontro
transcorreu como se prevía dende o comezo, cun claro dominio do
Santa María, pero conforme avanzaba o
crono ós nosos comezábanlles a saír as cousas e pouco a pouco
comezaban a chegar os puntos, aínda que o resultado "oficial" pechouse nese 2-52, ó final conseguimos 10 puntos!
Os
adestradores saíron moi contentos do partido, malia o resultado nunca baixamos a intensidade e vironse cousas moi positivas,
moitos pases, toma de decisións e as caras de FELICIDADE dos
xogadores ó saír dos vestiarios que ó final é o “por qué” deste deporte.
Seguiremos
traballando para mellorar e poder darlle unha vitoria ós que animan
sempre dende a grada e non se perden ningún partido!!!
Vémonos a semana
que ven con mais ganas e mais forzas!
1,2,3...E-MI-LIA!!!! Fotos de Oscar Nogueiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario