O pasado fin de semana do 7de
xuño, e organizado polo Club Deportivo Los Rosales,
celebrouse na polideportivo do Barrio, o III 3x3 de
Futbol Sala, o “irmán pequeño”
do xa clásico de 3x3 de baloncesto.
Como cada ano,
a participación foi mas que destacable, 21
equipos en todas as categorías, a pesar de
que estas datas son complicadas, especialmente para os
benxamíns, o coincidir con época
de exámenes e comuñóns. Destacar
tamén, que por temas loxísticos cambiouse
a data de Xuvenil e Sénior, prevista para
o sábado día 6, a tarde do domingo día 7, co
inconvinte de que algún dos equipos
preinscritos, non poido participar.
A xornada
da maña, foi a mais
concurrida, preto de 100 rapaces de equipos
entre Prebenxamín, e Alevín.
Xogaron un total de 22 partidos de clasificación, partidos
nos que a duración e de 10 minutos de
tempo corrido. Como sempre os
pequenos foron os que mais
disfrutaron, entregándose totalmente o xogo na
pista, e facendo disfrutar os asistentes.
A continuación das fases previas,
celebráronse as finais,
acadando o triunfo: Inazuma Four
(Prebenxamín), Zalaeta 06 (benxamín), e
El Tornado Azul (alevín).
Durante a
tarde, un total de 19 partidos, en
categorías; infantil, cadete e sénior. Aínda
que o número de equipos nestas categorías
e menor, o tipo de xogo que permite esta
modalidade de xogo e
moi vistoso, onde priman
sempre os ataques, e teñen sentido
os taconazos, rabonas, e outras exquisiteces,
o que fai os partidos dinámicos e
divertidos tanto de xogar como de ver.
Nas finais
acadaron o triunfo os equipos: Los
Zeppelings (infantil), GIA (cadete) e Rocco(sénior).
Equipos participantes: Zalaeta´08,
Depor DNV, RIAMÉS, Inazuma Four, Mini Depor en categoría
Prebenxamín; Supernaranjas, Zalaeta´06 en benjamín; El Tornado
Azul, Calvo Sotelo, Sporting Los Rosales, Los Leones, SuperDepor, Los
Pros, alevín; Red Nation, Los Motis, Los Zeppelings, GIA, Los Sin
Nombre, infantil e cadete; Rocco, PACHALCASO, Tiki Toke 2.0 en
Senior.
Dende o
Club, agradecer o Excmo. Concello de A Coruña a
súa indispensable colaboración, e
a axuda e patrocinio a AAVV Los Rosales,
AQUAREL, Deporte Galego (Xogade),
e por suposto a todos os que participaron,
xogadores, técnicos, persoal do
Club, etc.
Grazas
tamén o programa CANCHA JUNIOR, da TVG, por
facer visible o noso traballo, e o
seu apoio o deporte de base.
https://www.youtube.com/watch?v=Vi094xY2WBg
Agardámosvos na
vindeira edición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario