lunes, 22 de junio de 2015

Convivencia en Gandarío

O sábado día 20 tivemos a nosa festa fin de tempada 2014-2015. Cambiamos de albergue e esta vez desprazámonos ata Gandarío. Durante a mañá os cativos e non tan cativos participaron en xogos nas pistas que hay dentro do recinto pero pronto a inquedanza por baixar a praia e disfrutar do sol e o mar fíxose patente, así que alí fomos e alí estaban esperando por nos unhas flamantes piraguas amarelas dispostas a ser utilizadas. Tamén houbo xogos para que os que esperaban turno non se lles puxeran os dentes longos. Houbo tamén que escolleu baño e sol xa que o día estaba para iso, outros quedaron ao fresco no recinto que está poboadísmo de árbores e moi ben coidado. Sobre as dúas e media comimos todos xuntos e xa a tarde cada quen buscou o que facer, algúns repetiron praia, outros xogaron pachangas nas pistas, outros decidiron sestear baixo a sombra das árbores, outros xogaron as cartas e moitos falamos falamos e falamos ata que as sete houbo que recoller e dar a xornada festeira por rematada. Creo que foi un gran día. Gracias a tod@s por participar e si tendes fotos mandádeas o correo do club cludeportivolosrosales@gmail.com  para poder subilas.
SOMOS CLUB SOMOS XENTIÑA!!!!!

Preme aquí para ver máis fotos



No hay comentarios: