martes, 15 de enero de 2013

Fútbol sala infantil: Los Rosales 1 - 4 Club del Mar


O encontro resultou máis igualado do que poida parecer polo resultado. Os dous equipos fixeron un fútbol sala de gran nivel. Empezaron marcando os "rosaleiros" que lle deixaron o control do xogo ó equipo contrario para intentar con rápidas contras marcar algún gol máis pero as imprecisións en o porteiro evitáronno. Nun erro de perda de balón deses que alporizan ós adestradores o Club del Mar conseguíu o empate.



Na segunda parte os "mariñeiros" tiveron que tirar de "oficio" e de forza para sacalo adiante e, logo dun erro calcado ó primeiro, recuperan o balón en marcan o segundo. Seguiron insistindo e, nunhas mans moi rigurosas e cunha picardía do adestrador que mandou sacar rápido aproveitando o despiste defensivo, marcaron o 3º. Logo chegou o 4º nun rechace dun defensa que descolocou ó porteiro. A victoria pode considerarse xusta aínda que o resultado excesivo, xa que os dous equipos tiveron varias oportunidades, de feito os catro porteiros, dous de cada equipo, tiveron traballo arreo.

Os nosos, melllorando día a día, quédalles ser un pouco máis "agresivos" e crerse que son capaces de dar máis.

Crónica elaborada por O Xornalista Invisible.

No hay comentarios: