O 18 de Xuño andivemos de festa, a pesares de que o tempo non axudou moito alomenos non choveu. Durante a mañán houbo actividades na praia con canoas e salchicha. Grandes heroes e heroinas que a pesares do frío non dubidaron en meterse no auga e disfrutaron dunha mañán ben molladiña. Hacia o mediodía o sol veunos visitar, xantamos todos xuntos e xa a tarde as pistas de fútbol e baloncesto enchéronse de grandes e pequenos, aqueles que preferiron sol, voltaron a praia e algúns quedaron cartuxeando a sombra asentando a comida. Fomos arredor de 180 persoas que pasamos un día de disfrute e ledicia, boto sempre de menos que ningúen leve unha guitarra para amenizar a sobremesa.
A espera de máis fotos deixo este enlace para facernos unha idea do que foi a mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario