domingo, 4 de enero de 2015

TORNEO MARISTAS DE NADAL DE BALONCESTO


Os dous equipos
O pasado día 28 de decembro fomos invitados por Maristas ó seu xa tradicional Torneo de Nadal.
Participamos na categoría infantil tanto co equipo feminino como co másculino.

En ambos casos foron cuadrangulares xogando primeiro unha semifinal e logo, según o resultado, o 3º-4º posto ou a final.

As nenas
No grupo feminino tocou enfrontarse na semifinal ó equipo de Betanzos que, aproveitándose de que as nosas parecían “adormiladas”, se mostrou superior dende o principio e gañou o encontro con certa facilidade.
No partido polo 3º-4º posto contra as anfitrionas máis do mesmo, as Rosaleiras non atoparon o ritmo de xogo ata que quedaban tres minutos por xogar nos que cunha gran reacción case conseguen levarse a victoria que non chegou por un punto de diferencia.



Os nenos

Miguel no momento de darlle a copa
No grupo másculino na semifinal tocou a “besta negra” desta temporada; o Cambre, que nos dous partidos de liga que xogaron contra eles conseguiron levar a victoria e, como eles dicían, “non hai dous sen tres”, pero os nosos pensaban; “á terceira vai a vencida”, e así foi, con moito traballo e con moita incertidume Los Rosales conseguíu gañar e pasar á final na que agardaban os anfitrións. Este partido foi un pouco máis “fácil” aínda que cara ó final os Maristas apretaron en defensa e lograron acercarse un pouco no marcador pero non o suficiente para evitar que os "Rosaleiros" remataran como campións do Torneo.

Teminados  todos os encontros celebráronse concursos de tiros libres e de triples resultando gañadora final do de tiros libres a xogadora de Los Rosales Adriana.
ADRIANA
A xornada resultou agradable aínda que un pouco cansa xa que foron moitas horas no pavillón e cunha temperatura máis que fresca.

Agradecer ó Club Maristas a invitación feita e felicitalos pola boa organización do evento que incluía o almorzo a base de bocata, bebida e froita.
Todos os participantes

Reseña; “Un que pasaba por alí”.

Fotografías; Pablo Sánchez

No hay comentarios: