O
pasado sábado celebrouse en Santiago de Compostela o Día Autonómico do
Minibasquet que consiste en pasar unha xornada lúdico-deportiva na que
se xoga ó baloncesto sen espíritu competitivo, aínda que a todos lles
gusta gañar, e sobre todo convívese con rapazas e rapaces de toda
Galicia.
E
alá foro os equipos do Emilia Pardo Bazán-Los Rosales; o benxamín mixto
e os alevín feminino e másculino cos seus adestradores.
Saímos
ás 8 da mañá nun autobús que nos mandou a organización e que nos
recolleu na porte do cole. Alí deixamos ás nais e ós pais dos cativos
chorando de pena, "probiños", ían pasar todo o día sen eles...
No
bus, os adestradores deron unhas normas de comportamento que non foron
saltadas por ninguén: quedou todo recollido e limpo por onde andiveron e
onde comeron, non foron necesarias máis que unha chamada cando tocaba a
"rebato", ninguén se "perdeu", ninguén se feríu,... "Chapó" rapazas e
rapaces.
Vaaale, os adestradores tamén se portaron ben.
Nada máis chegar, os tres equipos xa tiñan que xogar e ás 9:30 estaban os tres na cancha empezando a divertirse.
O seguinte acto foi ir buscar o almorzo e papealo que xa estaban pedindo papas.
Logo
tocou ir ver ós participantes no concurso de "habilidades" na que os
representantes do Emilia non tiveron moita sorte (ver vídeos).
Rematado
isto a participar nas distintas actividades que a organización tiña
preparadas: Carreiras á pata coxa, tiro de aros, carreiras de globos,
hinchables,..., e coa sorte de que como fixo un día expléndido puideron
facerse fora do pavillón.
Chegou
a hora do xantar e alá foron para a bancada na que lles fixo unha
visita o paiaso que accedeu a sacarse unha foto con todos.
Ás
15:30, tocoulles o turno de volver xogar ós alevíns másculinos, a
continuación ás rapazas e por último os benxamíns. Nos chanzos os pais e
nais que se acercaron pasábanno en grande logo do xantar que se meteron
entre peito e espalda a base de churrasco e vai tí a saber que máis.
Iso sí, tiveron o detalle de traernos un pouqiño de churrasco para que o
cataramos.
A
iso das 17:00 había un novo concurso, en esta ocasión era de tiro por
parellas e nel quedaron primeiras as representantes "emilianas" Eva e
Uxía ás que lle deron un agasallo. Máis videos.
A
partires de aí, "xogo libre" ata ás 19:30 en que se xuntaron todos os
participantes na pista para recibir un agasallo da organización e a
despedida ata o ano que ben, e aínda que algúns xa non podrán volver
porque pasan de idade, teño a certeza de que non esquezerán este día.
Collímos o bus de regreso e enterámonos de que o Depor ascendera a primeira.
Pero a xornada aínda non acabara xa que, algúns se foron a "catro
camiños" e outros quedaron na verbena do barrio. Menos mal que ó día
seguinte era domingo.
O siaeiro.ros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario