Partidazo. Último da liga. A estes rapaces faltoulles unha volta máis para facer algo "grande".
Outro
encontro xogado con gran intensidade polos dous equipos que non se
deron tregua tanto no ataque como na defensa. Cun baloncesto de rápidas
transicións, buscando sempre a forma de chegar canto antes á canastra
contraria e se non era posible xogar un pouco máis pausados. Foi un
espectáculo que fixo as ledicias do público que enchía a grada do
¨Sagrada Familia". O marcador por tempos foi: 7-6; 11-14; 20-4; 6-15;
13-9 e 6-12.
Preguntados
os adestradores sobre o cambio dado por estes rapaces, que pasaron de
meter 120 puntos nos primeiros ocho partidos a chegar a 204 en cinco, ou
sexa de 15 a 40 de media por partido, cóntannos que eles
cren que hai varias circunstancias: o feito de que ó acabar a primeira
fase decidiran seguir competindo fixo que houbera unha implicación mayor
por parte de todos que se reflicte nos adestramentos e coma
consecuencia nos partidos, pensan que foi unha boa decisión dos
xogadores e dos seus pais. Por outra banda nótase tamén a 1/2 hora de
adestramento que conseguiron aumentar os venres e tamén que dende fai un
mes, os que pasan a infantil para o ano, están adestrando os venres cos
desa categoría. Pero sobre todo a actitude dos rapaces nos
adestramentos e nos partidos.
Non
se sabe todavía se haberá "copa" pero quedan dous meses e medio por
diante para traballar e seguir aprendendo que todavía lles queda moito.
Crónica: O siaeiro.ros
Fotos Juan Iglesias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario