miércoles, 19 de septiembre de 2012

Torneo basket en Oleiros

A pasada fin de semana, xogouse un torneo amigable de baloncesto entre equipos do Valle Inclán e noso clube, nas categorías alevín mixto, infantil feminino e cadete masculino.

O equipo de infantil notou a falta de entrenamentos, e tamén por ser a primeira vez que xogaban a pista completa.

O equipo de cadete xogou un primeiro cuarto aceptable, pero á metade de partido notou a baixa forma física debido ás poucas sesións de entrenamento que levan.

O próximo domingo 23 devolverán a visita os equipos do Valle Inclán ao pavillón municipal de Os Rosales.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao álbum de fotos dos partidos de ida celebrados en Oleiros: https://picasaweb.google.com/101969955534399786887/TorneoBasketOleiros15092012.




No hay comentarios: