lunes, 28 de marzo de 2011

DOBLE RESEÑA DO INFANTIL DE BALONCESTO

Hoxe traemos as reseñas dos dous últimos partidos do infantil de baloncesto xa que por problemas "técnicos" non puidemos facer a da semana pasada.


Xornada do 20/03/2011
CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 37 HOGAR SANTA MARGARITA 18;

Partido moi irregular, con moitos cambios na intensidade e que resultou moi incómodo de xogar. Os dous primeiros cuartos estiveron igualados con bastantes erros nos pases e no control do balón. O cambio a defensa en toda a pista dou mellores resultados e os locais conseguiron marchar no marcador grazas a que tamén atinaron máis cara o aro.


Xornada do 27/03/2011

COMPAÑÍA DE MARÍA 11 CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 48;

Partido moi ben xogado tanto en defensa como en ataque. En defensa cunha gran intensidade con moitas axudas e situacións de 2x1 con rotación na marca que neutralizaron o xogo dos "colexiais". En ataque levaron a cabo un xogo rápido e bastante fluído con poucas perdas de balón no contra-ataque e por momentos, e contra defensa colocada, fixeron xogo combinativo, e tamén estiveron moi atinados na finalización tanto con penetracións como con tiro exterior; ata dez xogadores dos doce que participaron no partido conseguiron puntos e todos o intentaron con posicións claras. Moi ben tamén no apartado reboteador. En resumo, o mellor partido no que levamos de temporada.

No hay comentarios: