viernes, 3 de mayo de 2013

Fútbol sala infantil: copa Intercomarcal e Copa Federación

A pasada fin de semana foi especialmente intensa para o equipo infantil de fútbol sala. Tivo que xogar dous partidos o sábado e un o domingo.

O sábado xogouse a COPA INTERCOMARCAL para a que se clasificou por quedar 4º na liga e renunciar o Club del Mar a participar.Disputáronna catro equipos: "5 Coruña", "Malpica", "Hércules A" e "Los Rosales".Na xornada da mañá foron as semifinais na que os nosos logo dun gran encontro contra "Hércules" empataron a un gol e caeron nos penaltís por 4 a 2. Na "consolación" da tarde fronte a Malpica, fixeron outro gran partido e gañaron con comodidade quedando 3º e conseguindo facer historia xa que é a millor clasificación de ningún equipo na historia do Club.



O domingo xa retomaron a "Copa Federación" e tocoulles outra vez contra o Hércules A. Estaba en xogo a 1ª posición do grupo, xa que chegaban empatados a puntos. O partido foi precioso, probablemente entre os dous millores equipos locais da categoría, o "Hércules" porque ten uns bos xogadores que saben o que teñen que facer e o "Los Rosales" porque fan o millor fútbol sala de equipo.


Os Rosaleiros conseguiron controlar moi ben os xogadores herculinos cunha gran defensa que non deixaba ocos e non daba posibilidades de combinación nin de 1x1. Así as cousas chegamos ós cinco últimos minutos cun 3-1 para Los Rosales pero, cando xa parecía que estaba todo controlado, un par de erros dos responsables no banquillo que non souberon atallar o cambio táctico do Hércules, propiciaron que estes ligaran tres xogadas que remataron en gol frustrando todo o traballo feito e sobre todo a ilusión dos rapaces. O resultado final de 4-3 non descarta os nosos para a final pero ponna un pouco máis lonxe, quedan dúas xornadas e hai que gañar.
 
Logo, o Teresa Herrera, no que volvemos a enfrentarnos na semifinal co Hércules A. Outra oportunidade de ver bo fútbol sala.
 
Noraboa o adestrador Diego, que por motivos laborais o sábado e de saúde o domingo, non puido estar co equipo.

O Xornalista Invisible.

1 comentario:

Anónimo dijo...

a semifinal do teresa herrera é contra o 5 coruña -.-"