miércoles, 7 de junio de 2017

Baloncesto Cadete Mas. CD Los Rosales 80 Culleredo O Burgo 49

ROSALES (14+19+27+20) 80

Pablo S. 4,  Pablo M., Diego 6,  David 13, Jano 7, Samu 3, Plaza,  Miguel 16,  Manu 10,  Valiño,  Bort 19 e Boquete 2

CULLEREDO O BURGO (11+11+14+13) 49

Sada 4, García 9,  Seoane 1, Suarez 6, Corbelle 7,  Garea, Diaz,  Moreno 9,  Valiño, Gonzalez 4 e Fraguio 8

Partido xogado o domingo 4 as 10:00 no polideportivo de cocheras.

Foi un partido igualado ao inicio no marcador pero non nas ocasións que tivemos de anotar fácil, un bo xogo en estático pola nosa parte que non se concretaba cando tirábamos solos, pero que nun 3 cuarto moi acertados déronnos unha vantaxa para encarar con calma os últimos minutos, pero foi unha pena desperdiciar o +40 que tivemos ao final do encontro, sobre todo porque Culleredo empecinábase en botar e botar sen atopar solucións en ataque

O equipo rival fixo unha indiv press a toda pista que solventamos sempre con tranquilidade, este quizais é do que máis melloramos e que impedía competir con algún equipo, agora estamos máis preparados para retos maiores e esperamos volver a competir así no partido de volta e seguir progresando tanto a nivel individual coma colectivo.

Próximo partido en O Burgo con +31 a noso favor...o que suceda ese día será outra historia
 
Crónica Cala
Fotos Jesús

No hay comentarios: