martes, 26 de noviembre de 2013

SALGADO MONTROVE 71 - EMILIA PARDO BAZÁN, C.D. LOS ROSALES 11


Segundo partido da liga e; máis do mesmo! Pero mira que teñen rapaces altos e fortes os outros equipos! E tamén, hai que recoñecelo, teñen millores fundamentos técnicos e tácticos. Nesta ocasión non houbo posibilidade algunha de facer nada máis que o que se fixo, loitar e tratar de chegar á canastra contraria con moito sudor e esforzo, e aínda así, se se tivera un pouco máis de acerto o resultado podería ser de 10 puntos menos de diferencia. Os chicos de Oleiros, fieis a súa "escola", fan unha defensa moi forte que neste caso non foi excusa para o Emilia xa que a colexiada sinalou todas aquelas que realmente dábanlle vantaxe os defensores, logo desa defensa saben botar, entran ben a canastra e non teñen mal tiro, en resumo, moi superiores ós nosos que do que se deben preocupar esta temporada é de aprender e traballar para ir millorando semana a semana. Nos adestramentos están poñendo moito interés e gañas, e por aí empézase.
Seguimos sen fotos.
Crónica por O siareiro.ros





Ninguén se anima a facer un par de fotos dos nenos? seguimos sin elas!

No hay comentarios: