martes, 2 de noviembre de 2010

Funcionamento do blog

Ola, pretendemos que este blog sexa a vía de comunicación e transmisión de información en todo o relacionado co Club que sexa de interese para os socios, os xogadores e o público en xeral, tanto a nivel interno como das competicións nas que se participe: "postearemos" os calendarios, os resultados, reseñas dos encontros, algunha foto, etc.
Tamén poñeremos todas as achegas que nos fagades chegar, ben como comentario a algunha entrada ou polo correo electrónico. Tanto as achegas como os comentarios serán filtrados e publicaranse unicamente as/os que estean relacionados directamente coa entrada da que se trate ou con cuestións xerais do Club ou das actividades que se desenvolven. Admítese toda crítica que trate de ser constructiva e sexa expresada en termos normais de educación e respeto.
Agardamos a vosa participación.
Un saúdo.
A Xunta Directiva.

No hay comentarios: