martes, 2 de noviembre de 2010

Breve historia do Club

O día 5 de setembro do ano 1991, cinco persoas vinculadas o C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán e á ANPA promoveron e constituiron unha asociación deportiva que ten por nome "Club Deportivo Los Rosales" e que naceu co obxectivo de chegar a conquerir que as/os nenas/os do Emilia fixeran deporte e que cando deixaran o cole e pasaran ó instituto tiveran unha continuidade na súa actividade cunha referencia no barrio e coa intención de facelo extensivo a todas/os as/os rapazas/ces do barrio e área próxima e involucrar ás ANPA's do I.E.S. Salvador de Madariaga e do I.E.S. Rafael Dieste.

O Club estivo na vida do Colexio e da ANPA cun posicionamento máis presencial que funcional ata que no ano 2004 membros da Xunta Directiva da ANPA deciden darlle maior protagonismo e fan a reforma dos Estatutos e "administran" as actividades deportivas extra-escolares que a Asociación promove no Centro.
Máis recentemente, no ano 2009, trócase a Xunta Directiva e, en colaboración con outras persoas, pais e nais de alumnas e alumnos, tómase a decisión de darlle o pulo definitivo para que aquela idea dos iniciadores fose posible.

A "filosofía" do Club é que as/os nenas/os se divirtan facendo deporte, que aprendan a XOGAR e a competir, que realicen unha actividade san e que teñan unha referencia fora do centro escolar.

O Club actualmente ten dúas actividades deportivas en desenvolvemento: baloncesto e futbol sala.
Para levalas a cabo hai un acordo de colaboración coa ANPA  milnen@s do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán e conversacións coas ANPA's dos Institutos Rafael Dieste e Salvador de Madariaga.
As instalacións nas que se levan a cabo son o Pavillón de "Cocheras", e as pistas do Emilia, agardando que nun futuro poidamos ter algunha hora no Pavillón dos Rosales.

Na temporada 2009/2010 competíuse cun equipo infantil de baloncesto na liga local. Para esta temporada 2010/2011 están inscritos dous equipos cadetes e dous equipos infantís nas modalidades de baloncesto e fútbol sala, e un equipo alevín e outro benxamín en fútbol sala, e dous equipos alevíns, un feminino e outro másculino, e un equipo benxamín en baloncesto. Nas categorías alevín e benxamín participan co nome de Emilia Pardo Bazán por mor do acordo coa ANPA.

Os recursos económicos con que contamos son as cotas que pagan os socios, as cotas de participación que aboan os participantes, as posibles subvencións que poidan dar as institucións e a previsión das achegas de patrocinadores cos que se está en conversacións, algún xa o podedes ver no lateral no blog.

No eido institucional a estructura organizativa do Club é:
Xunta Directiva composta por un Presidente, unha Tesoureira e un Secretario.
Unha Coordenadora Xeral responsable das seccións deportivas.
Dúas seccións deportivas; Baloncesto e Fútbol Sala; cada unha delas cun coordenador e cos adestradores necesarios para cubrir as necesidades que xurdan.

Está pendente de aprobación pola Xunta de Galicia a reforma dos Estatutos do Club os cales foron modificados para facelos máis transparentes sobre todo no aspecto dos Órganos de Dirección que ata o de agora daban todo o control ó Presidente e coa nova redacción regúlase a creación dunha Xunta Directiva que estará composta por un mínimo de cinco persoas e un máximo de sete.
En canto estes novos Estatutos estén rexistrados convocaranse eleccións.

A actual Xunta Directiva está formada por:
Presidente; José Ángel Suárez Espido,
Tesoureira; María Elena Ramos García,
Secretario; José Arturo Ameneiro Cerviño e
Coordenadora Xeral; Adriana Noemí Paone Pérez,
Os cargos deportivos están desenvolvidos por:
Coordenador de baloncesto; Xosé Carlos Rodríguez Rodríguez e
Coordenador de fútbol sala; Diego Morás Orduña.

No hay comentarios: