lunes, 29 de octubre de 2012

Xornada 2: CD Los Rosales 45 - 47 Salgado Montrove

O pasado sábado, 27 de outubro, o equipo de baloncesto cadete xogou o seu primeiro partido da tempada, correspondente á segunda xornada da fase regular.

Había bastante expectación por ver o resultado dos adestramentos que comenzaron a principio de setembro, e púdose comprobar que o aspecto físico, en xeral, do equipo mellorou de forma salientable. De feito o equipo dominou no marcador ata o último cuarto, aínda que sen lograr unha vantaxe considerable (a máxima diferencia foi de 12 puntos a favor do noso equipo, 20-8). Tamén cabe destacar o elevado número de faltas cometidas xa que 3 dos nosos xogadores foron descualifados por chegar ás 5 faltas persoais.

Na primeira parte, o equipo mostrou fluidez e rapidez no xogo, con xogadas ben trenzadas, e boa resposta no rebotes defensivos. Sen embargo, na segunda metade, o Salgado Montrove empezou a aproveitar os erros non forzados cometidos polos nosos e pouco a pouco foi acortando a distancia no marcador, ata que conseguiu adiantarse no último minuto do partido, que se saldou con dous puntos de diferencia ao seu favor.

O seguinte partido, que tamén será na nosa casa, será o próximo fin de semana contra o Culleredo, un dos equipos mais fortes do noso grupo, e que ven descansar esta xornada.


No hay comentarios: