martes, 25 de enero de 2011

Baloncesto infantil

BCA MATOGRANDE 22 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 38
Buen partido dos baloncestistas "intermedios" do Club que fixeron un primeiro tempo moi bo, con moita concentración en defensa e xogando en ataque con certa fluidez e mellorando na porcentaxe de tiro en relación con anteirores xornadas. Na segunda parte o partido volveuse un tanto embarullado cos dous equipos correndo sen moito tino e querendo resolver os ataques moi rápido o que levou a unha maior imprecisión no tiro e nos pases. O realmente importante é a confianza no que estaban a facer sobre a pista. Unha victoria que lles facía falla xa que levaban tempo tras ela.

No hay comentarios: