lunes, 13 de diciembre de 2010


Club Deportivo Los Rosales 31 - Maristas Champagnat 53. Primer partido de liga do equipo infantil no que os rapaces empezaron moi nerviosos o que lles costou unha diferencia de 10 puntos no primeiro cuarto. Pouco a pouco foron collendo o ritmo e conseguiron empatar o segundo. Nos dous últimos parciais o Maristas amosou unha mellor organización e tirou proveito dela para rematar o encontro coa diferencia final dos 22 puntos que puideron ser menos se os locais non fallaran canastras fáciles de contra-ataque e varios tiros libres. Agardamos ver nos próximos encontros a mellora á que os debe levar o traballo que están a facer nos adestramentos.

No hay comentarios: