viernes, 20 de noviembre de 2015

Baloncesto Alevín Masculino EMILIA PARDO BAZÁN LOS ROSALES 68 - CALASANZ 64

Primeiro partido desta temporada 2015-2016 do equipo alevín másculino que deparou o enfrontamento contra outro equipo do "barrio", o Calasanz, que a priori era favorito para gañar.
E así parecía que ía ser cando no primeiro sexto conseguiron un parcial de 0-19 gracias a unha gran defensa e a un xogo rápido de ataque acompañado dunha gran precisión de cara ó aro.
O segundo sexto trouxo o "rexurdir" do Emilia que, un pouco máis entoado, plantou cara e conseguíu que parcial fose máis axustado, 7-10.
A diferencia parecía insalvable tendo en conta como estaban a xogar os dous equipos pero, no terceiro sexto, os Emilianos dixeron que eles non ían ser menos e desplegando un gran xogo defensivo e con rápidas transicións conseguiron un parcial de 20-0, para un total de 27-29 no intermedio, que deixaba todo aberto.
E así foi, no seguinte os de casa seguiron cun xogo moi intenso que poñía en moitas dificultades ós de Calasanz que a pesar de pelexar por todos os balóns, non puideron evitar recibir 18 puntos por so 3 que conseguiron.
Como era de esperar, no quinto sexto Calasanz botou o resto e volvendo a ofrecer o seu xogo gañóu o parcial cun 7-26 dándolle a volta ó marcador e deixándoo nun apretado 52-58.
Comenzaba o sexto final e os Emilianos saíron con todas as gañas, presionaron ben, roubaron uns cantos balóns e tiveron acerto no tiro e nas entradas e cun 16-6 neste tempo puxeron ese marcador final de 68 a 64 que mostra moi as claras a intensidade que puxeron ambos equipos e todos os rapaces que participaron, que foron:

Emilia: Iván(16), Gael(9), Joel F O(2), Lucas, Miguel(5), Bruno(2), Oscar, Joel F G(3), Álex(2), Jorge e Víctor(29).
Calasanz; Varela(6), Suárez(10), Dieguez, Calvino(2), Asido?(28), García(10), Vieites(4), Riveira(2) e Alunnet?(2).

Reseña: O siaeiro.ros
Fotos: Santiago Generelo, Oscar Nogueiras e esteban Díaz.

No hay comentarios: