miércoles, 10 de junio de 2015

VI 3X3 de BASQUET LOS ROSALES


O pasado 30 de maio celebrouse no Pavillón Municipal de Labañou (Cocheras) a sexta edición do "3X3 de basquet de Los Rosales", evento que xa se está a converter nun "clásico" e que o punto de partida para as festas do barrio.
Este ano tivo dous cambios importantes con respecto a anteriores edicións, unha delas, a máis chamativa, o cambio de ubicación do Pavillón Los Rosales onde se celebra tradicionalmente polo de Cocheras, isto foi motivado pola celebración no primeiro do xa tamén tradicional campionato de halterofilia. A segunda variable foi que os organizadores prescindiron da categoría "senior" por motivos "loxisticos" ó contar cunha previsión de equipos cadetes e xunior que finalmente non se cumpríu debido a diferentes causas. É probable, segundo nos contan, que para a próxima edición se volva a contar con esta categoría xa que no Club organizador tiveron varias chamadas para inscribirse.
A xornada en sí desenvolveuse en dúas partes diferenciadas, pola mañá foi o turno dos máis cativos; os benxamíns, alevíns e infantís tiveron o seu tempo para poder disfrutar co seu deporte favorito nunha modalidade que resulta realmente espectacular e entretida polo dinamismo do xogo, ó ser partidos curtos de 10min. nunha soa canastra. Tanto os rapaces como o público asistente pasáronno en grande. Cara as 13:30 rematou todo coa entrega duns agasallos os que quedaron primeiros polo que marcharon aínda máis contentos.
Pola tarde tocoulles o turno as categorías cadete e xunior, e se na primeira houbo participación, na segunda só se presentaron dous equipos. Unha mágoa porque o nivel dos participantes foi realmente bo, e en partidos de 15min. demostraron a súa preparación técnica e a súa resistencia física, xa que a calor era abafante.
A iso dás 20:00h a presidenta do Club entregaba ós primeiros clasificados os pertinentes agasallos dando por terminada unha xornada que resultou moi agradable.
Dende a organización queremos agradecer ó Concello da Coruña a colaboración cedendo a instalación, á Asociación de Veciños de Los Rosales a súa axuda e a AQUAREL a aportación do líquido elemento para evitar as desidratacións. Tamén a colaboración desinteresada de todos os adestradores do Club e por suposto darlle as grazas a todos os participantes e os espectadores que decidiron pasar a xornada con nós porque sin eles non sería posible facelo.
CADRO DE HONRA:
Xunior feminino: Los Pitufos, Xunior másculino: Abelleira, Cadete: Élites e Make it Splash, Infantil feminino: Los Chunguitos, Infantil másculino: BKFusion, Alevín: Coruña Warriors, Benxamín: Las Leyendas de Calasancias




Preme no enlace e verás as fotos por categorías.

Grazas a tod@s pola vosa participación.

No hay comentarios: