martes, 4 de marzo de 2014

MINIBASQUET MÁSCULINO

DOMINICOS 63 - EMILIA PARDO BAZÁN C.D.LOS ROSALES  30

Último partido da primeira fase da competición no que unha vez máis non foi posible sacar un resultado positivo no que a "güarismos" se refire, pero si en canto que os xogadores volveron a dalo todo e intentaron facer algo do baloncesto que van aprendendo. Probablemente o nivel acadado co que levamos de temporada non sexa o que os adestradores e, probablemente, os xogadores tiñan pensado, pero algunha melloría vaise notando; colócanse millor na pista, defenden con outro xeito, tratan de buscar o compañeiro millor colocado, xogan máis con pase e menos con bote individual..., pero aínda queda moito traballo sobre todo na eficacia do tiro, e iso que neste partido, e a pesar da defensa en ZONA case todo o partido dos contrarios, batiron a súa marca en tantos.
Agardemos que no que resta de temporada, na segunda fase e probablemente a Copa, vexamos máis progreso, e tamén a ver se pode ser que nalgún partido estean os 10 xogadores.

O siaerio.ros

No hay comentarios: